A Federación Galega de Tenis 🎾en colaboración coa Secretaría Xeral do Deporte e a Secretaría Xeral de Igualdade pon en marcha o Plan de Corresponsables dirixido a nenos 👦 e nenas 👧 menores de 16 anos cos seguintes obxectivos específicos:
🔸Crear emprego de calidade no sector dos coidados e o deporte.
🔹Promoción da actividade física saudable.
🔸Promoción do tenis.
Os obxectivos esenciais deste proxecto son, dar cumplimento ao 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐂𝐎𝐑𝐑𝐄𝐒𝐏𝐎𝐍𝐒𝐀𝐁𝐋𝐄𝐒 e ademais, actuar directamente con programas e accións que incidan directamente na promoción da igualdade entre mulleres e homes fomentando a corresponsabilidade e favorecendo a conciliación das familias con nenas, nenos, mozas e mozos menores de 16 anos inclusive.
📝 Inscríbete no 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞!