🏗🚧𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐄𝐋𝐋𝐎 𝐈𝐍𝐈𝐂𝐈𝐀 𝐎𝐒 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎𝐒 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐎 𝐀𝐂𝐎𝐍𝐃𝐈𝐂𝐈𝐎𝐍𝐀𝐌𝐄𝐍𝐓𝐎 𝐃𝐀𝐒 𝐅𝐀𝐂𝐇𝐀𝐃𝐀𝐒 𝐃𝐎 𝐋𝐎𝐂𝐀𝐋 𝐒𝐎𝐂𝐈𝐀𝐋 𝐃𝐄 𝐁𝐎𝐕𝐄𝐃𝐀
O 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 deu comezo ás obras de mellora do local social 🏘 da parroquia de Bóveda, que consistirán no embelecemento exterior do edificio mediante a instalación de Sate, que reducirán o impacto visual e mellorará o illamento térmico do edificio ☀️.
💶 Dita obra conta con un orzamento de 𝟐𝟑.𝟓𝟎𝟎 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬 e está finaciada pola 𝐗𝐮𝐧𝐭𝐚 𝐝𝐞 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚, dentro da orde de axudas para reducir o feísmo e o impacto paisaxístico con unha achega de 𝟏𝟔.𝟎𝟎𝟎 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬 e una aportación municipal de 𝟕.𝟓𝟎𝟎 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬 con cargo a fondos propios.
En vindeiras datas darán comezo tamén as obras de acondicionamento da antiga 𝐄𝐬𝐜𝐨𝐥𝐚 𝐝𝐞 𝐎 𝐂𝐚𝐬𝐭𝐫𝐨, que permitirán a creación de dúas vivendas 🏡para alugueiro social. Ditas obras teñen un orzamento que ascende a 𝟕𝟑.𝟎𝟎𝟎 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬 e está financiada pola 𝐗𝐮𝐧𝐭𝐚 𝐝𝐞 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚 con unha achega de 𝟔𝟓.𝟓𝟎𝟎 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬 e fondos propios do Concello. Estas dúas vivendas sumaranse ás creadas recentemente nas parroquías de 𝐒𝐚𝐚𝐯𝐞𝐝𝐫𝐚 e 𝐃𝐨𝐧𝐚𝐥𝐛𝐚𝐢.
Nos últimos anos dende o 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 apostamos pola mellora e recuperación das antigas escolas e centros sociais nos que se investiron mais de 1 millón de euros, mellorando os existentes e creando novos espazos en parroquias que carecían de un local para poder desenvolver todo tipo de actividades 🏠.
Ademais de manter as edificacións, que son un importante patrimonio do Concello, coa creación de vivendas para o alugueiro social dotaremos o municipio de infraestruturas e ferramentas 🔧 que nos permitirán fixar poboación no rural 👨👩👧👦, o que garantirá o mantemento presente e futuro de servizos fundamentais para o crecemento do noso Concello.