Ir o contido principal

🤝 LIÑA DE AXUDAS POR SITUACIÓN DE EMERXENCIA 🚨 E ZONAS CATASTRÓFICAS 🌧

Axudas

🤝 LIÑA DE AXUDAS POR SITUACIÓN DE EMERXENCIA 🚨 E ZONAS CATASTRÓFICAS 🌧

O 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 solicitou no pleno de 23 de xaneiro de 2023 ó Goberno de España 🇪🇸, a declaración de zona gravemente afectada por emerxencia de protección civil, o que antes se denominaba ¨zona catastrófica¨.
 
Así a subdelegación do Goberno en Lugo remitiu ó Concello un tríptico informativo das axudas ás que poden acceder os/as afectados/as das graves inundacións do día 17 de xaneiro ó abeiro do R.D. 307/2005 de 18 de marzo e modificado polo R.D. 477/2007 de 13 de abril. 👇
 
 
Estas axudas son compatibles coas que vai a poñer en marcha o 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 en vindeiras datas.
 
Así, queremos informar que dende o propio Concello poñeremos a disposición de todos os/as afectados/as os servizos administrativos 🧑‍💻 para axudar na solicitude das distintas achegas, independientemente de quen as convoque.
 
ℹ️ Para calquera información, poderán poñerse en contacto con nós chamando ó ☎️ 982 396 143.