Ir o contido principal

𝐐𝐔𝐈𝐍𝐓𝐀 𝐄𝐒𝐂𝐔𝐋𝐓𝐔𝐑𝐀 𝐃𝐎 𝐂𝐀𝐌𝐈Ñ𝐎 𝐃𝐎 𝐁𝐄𝐋É𝐍 𝐄𝐍 𝐒𝐀𝐀𝐕𝐄𝐃𝐑𝐀

escultura
escultura

𝐐𝐔𝐈𝐍𝐓𝐀 𝐄𝐒𝐂𝐔𝐋𝐓𝐔𝐑𝐀 𝐃𝐎 𝐂𝐀𝐌𝐈Ñ𝐎 𝐃𝐎 𝐁𝐄𝐋É𝐍 𝐄𝐍 𝐒𝐀𝐀𝐕𝐄𝐃𝐑𝐀

Coincidindo coa festa🎉 da Nosa Sra. dos Milagres de Saavedra, instalouse a quinta das esculturas que, nas 19 parroquias do Concello de Begonte, van conformar un intanxible camiño do Belén.

A escultura, do ⚒️artista lucense César Lorenzana é un gran banco de flores🌺, dedicado á Virxe como 𝐷𝑜𝑛𝑎 𝑑𝑎𝑠 𝑓𝑙𝑜𝑟𝑒𝑠. 𝑆𝑒ñ𝑜𝑟𝑎 𝑑𝑜𝑠 𝑀𝑖𝑙𝑎𝑔𝑟𝑒𝑠. 𝑀𝑎𝑖 𝑑𝑜 𝐵𝑒𝑙é𝑛".

A primeira das esculturas está instalada á beira do Belén, reflectindo as botas de camiñante, á que se suman as das parroquias de San Vicente de Pena, Pacios, Damil e, agora, Saavedra. As restantes catorce esculturas 🪵🪚agárdase poder instalalas no descurso do presente ano.