📚🖍 𝐎𝐒 𝐃𝐄𝐁𝐄𝐑𝐄𝐒 𝐀 𝐃𝐄𝐁𝐀𝐓𝐄
O próximo venres día 🗓 𝟐𝟕 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨, ás ⏰ 𝟏𝟗.𝟎𝟎𝐡 na 📍𝐂𝐚𝐬𝐚 𝐝𝐚 𝐂𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞, levarase a cabo un encontro sobre educación 📘 dirixido a nais 👱♀️, pais 🧔♂️, docentes 👩🎓 e a toda a cidadanía en xeral 👨👩👧👦 que queira participar nesta xornada de debate.
Acompañarannos os/as seguintes relatores/as:
👨🏫Antonio Valle Arias. Catedrático de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade da Coruña. Coordinador do Grupo de Investigación en Psicoloxía Educativa (GIPED).
👩🏫Susana Rodríguez Martínez. Profesora Titular de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade da Coruña.
👩🏫Isabel Piñeiro Aguín. Profesora Contratada Doutora de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade da Coruña.
▪️ Antonio Valle, que ademais é veciño de Begonte, explicará os motivos que levaron ao grupo de investigación a traballar sobre os deberes escolares e os logros conseguidos polo grupo.
▫️ Isabel Piñeiro vai centrarse en presentar o Método de Implementación de Tarefas para a Casa (MITCA), unha ferramenta deseñada polo grupo de investigación para prescribir deberes escolares de calidade.
▪️ Susana Rodríguez vai expoñer os principais resultados obtidos despois da implementación do método MITCA e os beneficios que provocou nos alumnos/as participantes.
Contamos contigo, será unha xornada moi interesante!! 😃✍🤝