Ir o contido principal

𝐓𝐎𝐏𝐎𝐍𝐈𝐌𝐈́𝐙𝐀𝐓𝐄!! 📍🗺

toponimízate begonte

𝐓𝐎𝐏𝐎𝐍𝐈𝐌𝐈́𝐙𝐀𝐓𝐄!! 📍🗺

Este venres día 🗓 17 de novembro ás ⏰ 19.30 horas na 🏠 Casa da Cultura de Begonte teremos unha 🗣 charla aberta ó público en xeral sobre a nosa terra 🌍.

Trataranse 3 aspectos fundamentais:

🔺 A importancia da toponimia galega como patrimonio cultural e o risco que corre de desaparecer pola transformación dos modos de vida tradicionais no noso país. 🌅

🔺 Como podemos contribuír a salvagardar os nomes das leiras, fontes, penedos, regatos... a través da aplicación colaborativa 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚 𝐍𝐨𝐦𝐞𝐚𝐝𝐚. 📱

🔺 Saber a orixe e significado dos nomes das parroquias e aldeas do 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞. 🛖

𝐂𝐨𝐦𝐩𝐚𝐫𝐭𝐞 𝐞 𝐚𝐬𝐢𝐬𝐭𝐞!! Será moi interesante!! 🤩👏