Ir o contido principal

😃 𝐂𝐋𝐀𝐔𝐒𝐔𝐑𝐀𝐒 𝐀𝐂𝐓𝐈𝐕𝐈𝐃𝐀𝐃𝐄𝐒 𝐒𝐎𝐂𝐈𝐎𝐂𝐔𝐋𝐓𝐔𝐑𝐀𝐈𝐒 𝐄 𝐃𝐄𝐏𝐎𝐑𝐓𝐈𝐕𝐀𝐒 𝟐𝟑/𝟐𝟒

actividades

😃 𝐂𝐋𝐀𝐔𝐒𝐔𝐑𝐀𝐒 𝐀𝐂𝐓𝐈𝐕𝐈𝐃𝐀𝐃𝐄𝐒 𝐒𝐎𝐂𝐈𝐎𝐂𝐔𝐋𝐓𝐔𝐑𝐀𝐈𝐒 𝐄 𝐃𝐄𝐏𝐎𝐑𝐓𝐈𝐕𝐀𝐒 𝟐𝟑/𝟐𝟒

O venres día 31 de maio e o sábado día 1 de xuño serán as clausuras de actividades socioculturais e deportivas do 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞.

Venres 31, 𝐜𝐥𝐚𝐮𝐬𝐮𝐫𝐚 𝐝𝐚𝐬 𝐚𝐜𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 𝐝𝐞 𝐧𝐞𝐧𝐨𝐬/𝐚𝐬 2023/2024.

O acto dará comezo ás 16.30h no pavillón de Baamonde coas exhibicións dos distintos grupos 🛼👯🎾🇬🇧⚽️⌨️.

A continuación, procederase á entrega de medallas 🥇 para finalmente despedir esta anualidade cunha festa con inchables 🏰 que, se o tempo o permite, se trasladará á Praza de Baamonde.

Sábado 1, 𝐜𝐥𝐚𝐮𝐬𝐮𝐫𝐚 𝐝𝐚𝐬 𝐚𝐜𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 𝐝𝐞 𝐦𝐨𝐳𝐨𝐬/𝐚𝐬 𝐞 𝐚𝐝𝐮𝐥𝐭𝐨𝐬/𝐚𝐬 2023/2024.

O acto dará comezo ás 16.30h no pavillón de Baamonde coas exhibicións dos distintos grupos 💃🕺🧎🏻‍♂️‍➡️🧎🏼‍♀️🤸🏼‍♂️🧘🏻‍♀️.

Ademais, haberá tamén exposición de pintura 🖼️ 🎨, cestería🧺, manualidades🏺🪑e palillos🧵.

Contamos convosco!!🥳