🦶SERVIZO DE PODOLOXÍA PARA MAIORES DE 65 ANOS🧑🦳👨🦳
O 𝘾𝙤𝙣𝙘𝙚𝙡𝙡𝙤 𝙙𝙚 𝘽𝙚𝙜𝙤𝙣𝙩𝙚 convoca o Servizo de Podoloxía para o ano 2024, que ten por obxectivo prestar unha atención podolóxica básica ás persoas maiores de cara a favorecer o seu benestar integral.
➡️ Requisitos:
🔸Ter 65 anos ou máis
🔹Estar empadroado/a no Concello de Begonte.
📝 Prazo de presentación: a partir do 𝟭 𝗱𝗲 𝘅𝘂𝗹𝗹𝗼 de 2024
📍 Presencialmente nas oficinas municipais de 9 a 14h.
*A atención será por rigorosa orde de presentación de solicitudes.