O BELÉN ELECTRÓNICO DE BEGONTE
O venres 30 de novembro, por coincidir o primeiro día de decembro en domingo, abriu as portas o Belén de Begonte, un ano máis fiel a súa cita e xa van 53 edicións dende 1972 de maneira ininterrompida.
No salón de actos do Belén Electrónico inaugurouse, a cargo do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, foi o encargado de pronunciar o pregón de Nadal na inauguración, salientando o valor desta celebración, que non só contribúe a preservar e divulgar as tradicións galegas, senón que tamén reforza a nosa identidade cultural ao manter viva unha tradición que pasa de xeración en xeración. O conselleiro subliñou que este evento «simboliza o orgullo e a esencia do pobo de Begonte, converténdose nun referente para toda Galicia»
Este ano o acto estivo amenizado pola actuación musical da Asociación Músico Crisanto.
Fruto destes últimos anos incorporouse o Belén, a posibilidade da visita de forma virtual, desta maneira globalizouse o acceso o Belén Electrónico de Begonte, a recomendación e visitalo, facendo o camiño do Belén e trasladarse a Begonte, aproveitando a visita a este concello, visita as esculturas (creación do lucense Cesar Lorenzana) que con motivos relacionados co Belén, instalarónse nas 19 parroquias e que se denomina os 19 anacos do Belén de Begonte.
Ademais Diego As (o seu mural en Lugo de Julio César foi nomemado mellor mural do mundo 2021), deixou a súa pegada en Begonte cun mural que conmemora os 50 anos do Belén Electrónico, no que retrata un avó e o seu neto visitandoo.
Begonte situase no mapa de Galicia como lugar de visita obrigada nestas datas de nadal, para comprobar de primeira man o que dicen del, xa que os seus 52 anos pode decir que é Festa de interese turístico de Galicia dende 2014.
Sorprende a maiores e sobre todos os máis pequenos, son moitos os colexios que teñen programadas entre as actividades a realizar no ano, o de visitar o Belén electrónico de Begonte, no so da provincia de Lugo, a maioría antes das vacacións de Nadal.
Despois dun traballo de varios meses, a cargo de Carlos Torres (nomeado este ano socio de honra), Ramiro Cruz, Jesús Veiga e Jesús Domínguez (irmán de José Domínguez Guizán que con José Rodríguez Varela fundaron o Belén de Begonte en 1972) montan, crean e fan os axustes necesarios para que todo funcione correctamente os días que se pode visitar o Belén de Begonte (consulta horarios e días).
Foto El Progreso: Jesús Veiga, Carlos Torres e Ramiro Cruz
Si ves tódolos anos e como xa saberás inténtase incorporar novas pezas, a veces díficiles de atopar salvo que o coñezas moi ben, este ano incorpóranse figuras do antiguo Hospital Xeral de Lugo, donadas polo escritor Xosé Carlos Ullosa.
Este ano homenaxeuse a Jesús Dominguez Guizan que deixou a presidencia do Centro Cultural José Domínguez Guizán que dende o falecemento do seu irmán José foi o impulsor do Belén de Begonte, nomeouselle presidente de honra.
Foto El Progreso
Unha vez desfrutado do Belén, visita o Museo José Rodríguez Varela (Museo do Belén) que se encontra nunha sala contigua o Belén, pódense ver pezas e figuras retiradas de anos anteriores, maquetas realizadas por José Varela (casas tradicionais, monumentos emblemáticos) e as obras premiadas no Certame Galego de Arte “José Domínguez Guizán” de anos anteriores.
A apertura anual do Belén inclúe un amplo programa de actividades no Centro Cultural José Domínguez Guizán, convocándose os certames de Arte, Poesía, Xornalismo e Debuxo Infantil, podes consultar as bases en https://www.belendebegonte.es/content/nadal-2024-202.
Este ano como novidade convócase o I Certame audiovisual sobre o Nadal. Este novo concurso está dividido en dúas categorías (ata 14 anos) e a partir de 15 anos, consultas as bases.
Queres saber como chegar o Belén electrónico de Begonte tica CENTRO CULTURAL JOSE DOMÍNGUEZ GUIZÁN (mapa localización).
Avda. de Galicia, s/n- Begonte 27373 LUGO
43º08´57.0ºN , 7º40´58.3ºW
Rutas sugeridas dende Lugo:
1. N-VI, 19,2 km 19 min
2. A-6, 25,6 km 23 min
Horario de visita
-
01/12 – 19/12 do 2024: sábado, domingos e festivos /11:00-13:00 e 16:00 – 19:00
-
20/12 – 06/01 do 2024: tódolos días 11:00-13:00 e 16:00 – 19:00
-
07/01 – 26/01 do 2025: Sábados, domingos e festivos / 16:00 – 19:00
Grupos: avisar previamente ó teléfono 610 907 306
Web: http://www.belendebegonte.es/
FINANCIADO: