LOCALIZACIÓN
Casa do Concello
Pza. Irmáns Souto Montenegro, 1 – 27373 - Begonte (Lugo)
SERVIZOS QUE OFRECE O PUNTO DE INFORMACIÓN
- Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
- Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais de datos catastrais protexidos, relativo aos inmobles da súa titularidade.
- Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.
REQUIRIMENTOS
- Libre acceso para a consulta e a certificación de datos catastrais non protexidos que consten na Base de Datos Nacional do Catastro.
- Ser titular catastral, o seu representante ou persona autorizada por el, para a consulta e a certificación dos datos catastrais protexidos dos inmobles da súa titularidade.
DOCUMENTACIÓN
- Acreditación da identidade (DNI).
- Acreditación, no seu caso, da representación ou da súa autorización.