📣 ATENT@S A ESTA INTERESANTE ACTIVIDADE‼️
O vindeiro 🗓 sábado día 18, ás ⏰ 19.00h na 🏠 Casa da Cultura de Begonte, a Asociación Cultural Castiñeiro Milenario 🌳 e a Sociedade Micolóxica Lucus 🍄 organizan a presentación da 📖 Guía Micolóxica básica da provincia de Lugo, editada pola Sociedade Micolóxica Lucus.
O libro 📗 é unha guía de iniciación, pero cunhas rigorosas e claras descricións de gran utilidade para especialistas, e “básica” tamén, pois os autores dan unha gran importancia aos conceptos básicos que tod@ afeccionad@ debe coñecer e interiorizar como piares fundamentais para avanzar con seguridade no coñecemento do mundo dos fungos.
Agardámosvos a tod@s! 🤩