📄EXPOSICIÓN PÚBLICA INVENTARIO DE VÍAS E CAMIÑOS MUNICIPAIS
O pasado día 🗓 21 de xaneiro de 2025 foi publicada no BOP a aprobación inicial do inventario de vías e camiños municipais 📝. Unha vez publicado, ábrese un período de alegacións de 20 días laborais, polo que, dito prazo rematará o 18 de febreiro de 2025.
Polo exposto anteriormente, todos/as os/as veciños/as teñen a disposición o documento e os planos 🗺 para facer calquera consulta de forma presencial nas oficinas municipais, en horario de 9:00 a 14:30 h, ou tamén a través da seguinte ligazón 👇👇
https://docs.concellodebegonte.es/caminos/