Ir o contido principal

🪕 EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS HISTÓRICOS DAS "CANTIGAS DE ALFONSO X O SABIO"

expo

🪕 EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS HISTÓRICOS DAS "CANTIGAS DE ALFONSO X O SABIO"

O vindeiro 🗓 venres día 7 de marzo, de 16.00 a 17.00h, o 🏡 Centro de Día de Begonte organiza no seu local de Baamonde esta exposición a cargo de 👨‍🏫 Xosé Torres e 👨‍🏫 Henry Vidal da Asociación de Música Antiga de Lugo.

Poderá acudir de xeito gratuito calquera persoa inscribíndose 📝 previamente nos números de teléfono do Centro, ben sexa por chamada ao 982 39 80 04 ou por mensaxe ao 📱 687 05 61 94 xa que o aforo é limitado.

O acto comezará cunha breve presentación sobre o tema, dando paso á exposición de réplicas de instrumentos históricos 🪘 acompañada de explicacións sobre as súas características.

Para rematar, realizarase unha actividade interactiva na que se poderán observar, e probar nalgún caso, estes instrumentos medievais. 😀

ACOMPÁÑANOS!! 🥰