♻️⚡️ 𝐁𝐄𝐆𝐎𝐍𝐓𝐄 𝐆𝐄𝐍𝐄𝐑𝐀 💡
Tras unha emocionante fase de nomeamentos e votacións 🗳, estamos moi felices de anunciar que o Proxecto de Merado Local da Enerxía (MLE) "𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 𝐆𝐞𝐧𝐞𝐫𝐚" atópase entre os catro finalistas á "Innovación en Almacenamento Enerxético do Ano" dos Premios RENMAD Almacenamiento 2025 🏆. Nesta fase, necesitamos o voso apoio máis que nunca para demostrar que un modelo de soberanía enerxética xusto, democrático e sostible é posible grazas á enerxía renovable, á xeración distribuída e ó almacenamento intelixente. 🧠
Apoia o noso proxecto co teu voto 📥, só che levará un minuto.
👉 Vota polo Proxecto Begonte Xera (Intelixencia Para O Aforro Enerxético) na seguinte ligazón: https://renmad.com/almacenamento/premios-renmad-almacenamento-2024/
"𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 𝐆𝐞𝐧𝐞𝐫𝐚" constitúese como unha Comunidade Local de Enerxías Renovables, impulsada polo 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 (Lugo), en colaboración con Másinteligencia. O noso obxectivo é lograr a Soberanía Enerxética do municipio de 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 mediante a construción de diversas instalacións fotovoltaicas en xeración distribuída, almacenamento detrás do contador e a implementación de sistemas de aerotermia nos servizos públicos. Esta microrrede gobérnase mediante un innovador sistema de xestión intelixente que democratiza o acceso á enerxía, acelera unha transición xusta e non deixa a ninguén atrás.
En que consiste o proxecto? Mírao cos teus propios ollos no vídeo 📽 que vos deixamos aquí 👀
https://www.youtube.com/watch?v=TrhKDCd3Vt4
ℹ️Intruccións para a votación:
1️⃣ Accede ó enlace de RENMAD no teu navegador:
https://renmad.com/almacenamiento/premios-renmad-almacenamiento-2024/
2️⃣ Busca a sección "Premio a la Innovación en Almacenamiento Energético del Año".
3️⃣ Selecciona o Proxecto "Begonte Genera" de Inteligencia Para El Ahorro Energético.
4️⃣ Na sección final, cubre os teus datos e fai clic en "Verificar Email":
Se non pertences a ningunha organización, podes escribir "No aplica".
5️⃣ Abre a Bandexa de Entrada do teu Correo Electrónico e copia o código no Email Validator.
Moitísimas grazas polo teu apoio! COMPARTE!! 🥰🤝