Pasar al contenido principal

Septiembre 2016

Vivendas e Equipamento

O Concello ten un total de 1.957 vivendas. Delas, 1.250 principais -habitadas a maior parte do ano como primeira residencia -, 333 secundarias (segundas residencias, habitadas de forma intermitente, especialmente os fins de semana) e 374 deshabitadas (nas que non reside ninguén, independentemente do seu estado).

No concello existen un total de 78 instalacións que corresponden ao capítulo de "Equipamentos". A superficie cuberta destas instalacións (contando as diversas plantas dos edificios), é de 13.209 metros cadrados, e a ocupada polos solares de 290.950 metros cadrados.

 

Viviendas y Equipamientos

 

Dous corresponden ao campo da sanidade. Hai un consultorio local en Baamonde e un centro de saúde en San Lázaro (San Pedro de Begonte).

Coa denominación de Parques existen 18, incluíndo as áreas recreativas e campos de festa. Moitos deles asfaltados, con árbores e bancos.

Hai 12 espazos deportivos: campos de fútbol, un pavillón polideportivo e unha pista polideportiva.

As instalacións culturais son 16: varios centros culturais, un museo, unha casa da cultura e as antigas escolas, habilitadas como centro de reunión para os veciños.

 

Viviendas y Equipamientos

 

Tres están dedicadas ao ensino: colexios públicos en Baamonde e Begonte e a escola de Gaibor para alumnos de catro e cinco anos que logo pasan ao colexio de Begonte. Cinco están sen uso. Son edificios que foron de uso público e na actualidade non se utilizan: antigas escolas e básculas.

Vinte son cemiterios. Hai un por cada parroquia do concello, excepto San Pedro Félix de Cerdeiras, que ten dous, un xunto á igrexa parroquial e o outro na capela de Ximarás.

E, por fin, dous edificios de uso municipal.

 

Viviendas y Equipamientos

 

O Territorio

Clima

O clima da comarca de Begonte é "subcontinental húmido dentro do macroclima oceánico de Galicia". O clima begontino pódese xulgar de tépedo medio, con invernos moderados e veráns sen rigores. É un clima que poderiamos denominar "humano", no que a vida se desenvolve nas mellores condicións climatolóxicas e sociais.

A maior parte do terreo do concello é apto para a agricultura, sendo a capacidade de produción do chan de tipo medio. Fai falta utilizar fertilizantes químicos para corrixir a acidez e a escaseza dalgúns elementos, e orgánicos para reposición de materia consumida polos cultivos.

A planura do terreo favorece a mecanización do traballo na terra, e a agricultura e a gandería seguen sendo a fonte de ingresos máis importante do concello, co necesario e paulatino transvasamento á industria e servizos.

El Territorio

 

Ríos

Os ríos Parga e Ladra regan e cruzan o territorio begontino. Xúntanse en Pacios, e van desembocar no Río Miño, xa no Concello de Outeiro de Rei. O Río Miño separa Begonte do territorio de Outeiro de Rei e o Támoga do de Cospeito. A confluencia do Támoga co Miño forma a illa de San Roque no punto onde limitan os concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Cospeito.

Mención especial merecen as Lagoas  do Ollo e Riocaldo, ás que hai que engadir as orixinadas pola extracción de áridos nas proximidades da de  Riocaldo.

As lagoas teñen un excelente futuro cunha dobre vertente: a observación e potenciación da natureza, desde o punto de vista ambiental e unha racional explotación turística que contemple a súa singularidade.


Rede Natura 2000

Begonte está incluído entre os concellos considerados lugares privilexiados da Rede Natura 2000, e así unha zona do seu territorio forma parte do  L.I.C. (Lugar de Importancia Comunitaria) Parga-Ladra-Támoga, que comprende as ribeiras dos ríos Parga, Ladra, Támoga e Miño, e as lagoas de  Riocaldo.

Teléfonos de Interese

CONCELLO

Plaza Irmáns Souto Montenegro, 1 - CP. 27373
Teléfonos.- 982 396 143, 982 396 009, 982 396 275 - Fax.- 982 396 027
CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño; Rúa a Igrexa (San Pedro) - 982 870 089
Guardia Civil– O Pazo,70- Baamonde- 982 398 008
Centro de Salud- 982 396 902
Julgados- 982 396 225

 

ONDE COMER

RESTAURANTE CASA DO LABREGO - Baamonde. Tfno. 982 398 060

RESTAURANTE SAN MARTÍN - Carral. Tfno. 982 390 306

RESTAURANTE GALICIA - Baamonde. Tfno. 982 398 085

RESTAURANTE LA RUTA - Baamonde. Tfno. 982 398 132

RESTAURANTE FONTEFRÍA - Tfno. 982 390 914

RESTAURANTE PAZ Y ANA - S. Esteban de Uriz. Tfno. 982 390 504

RESTAURANTE VARELA - Damil. Tfno. 982 390 346

RESTAURANTE CASA PICHIN - Damil. Tfno. 982 390 061

RESTAURANTE CAFE-BAR CEREIXO - Begonte. Tfno. 982 396 157

RESTAURANTE CAFE-BAR RIO LADRA - Begonte. Tfno. 982 396 203

RESTAURANTE CAFE-BAR O GALEGO - Begonte. Tfno. 982 396 017

RESTAURANTE CASA CARTEIRO - Toimil-Santalla de Pena. Tfno. 982 396 111

 

ONDE ALOXARSE

RESTAURANTE HOSTAL SAN MARTÍN - Carral. Tfno. 982 390 306

RESTAURANTE HOSTAL RUTA ESMERALDA  - N.VI, km. 538, Begonte – Tfno. 982 398 102

BAR / HOSPEDAJE CEREIXO - Pza. Irmáns Souto Montenegro, 7- Tfno. 982 396 157

MULTIAVENTURA NON ESTRESES - Ponte de Arriba, 5 - Pacios - Tlfnos.: 607 649 651 - 607 649 652. Email:casadosnenos@nonestreses.com - web: http://www.nonestreses.com/

Poboación

Segundo o censo de 2020, a poboación do concello de Begonte é de 2.978 habitantes, dos que 1.498 son homes e 1.480 mulleres (a comezos do século XX, era de ao redor de 6.500 persoas).

Censo de Begonte

 

Esta poboación, a comezos do século XX, era de ao redor de 6.500 persoas, pero as mesmas causas que incidiron na maior parte do territorio galego, no resto da comarca e da provincia de Lugo, foron minguando a poboación. O brusco descenso nas taxas de natalidade, o mantemento da taxa de defuncións, e o fenómeno da emigración en favor dos grandes núcleos ou do exterior, foron os factores que orixinaron este descenso.

As parroquias máis poboadas na actualidade son as da zona central do Concello - Saavedra, Baamonde e Begonte- situadas preto das máis importantes vías de comunicación e, no caso de Baamonde e Begonte, pola existencia de núcleos urbanos, e con eles unha maior concentración de servizos municipais.

Así, no  decurso do tempo, veu mantendo a poboación na capital do Concello e en Saavedra, mentres que se acusaba de maneira máis forte a diminución en Castro, Santalla, Pena (San Vicente), Donalbai e Virís.

A densidade de poboación é de 81,11 habitantes por quilómetro cadrado na capital do Concello, 69,29 en Carral, 51,01 en Baamonde, e 50,32 en Saavedra.

O fenómeno da inmigración ten xa una certa importancia en Begonte, polo crecente papel dos polígonos industriais no concello, e pola xente que volve despois da súa xubilación.

Parroquias

Baamonde / Baldomar / Begonte / Bóveda / Carral / Castro / Cerdeiras / Damil / Donalbai / Felmil / Gaibor / Illán / Pacios / Saavedra / Santalla de Pena / San Vicente de Pena / Trobo / Uriz / Virís

Mapa Parroquias

 

Localización

Begonte, na Terra Chá. Situado na comarca natural máis ampla e máis plana de Galicia, o Concello de Begonte está situado no occidente da Provincia de Lugo. Ten unha extensión de 125,4 quilómetros cadrados, e limita cos concellos de Guitiriz, Vilalba, Cospeito, Rábade, Outeiro de Rei e Friol. Pertence ao partido xudicial de Vilalba. A capital do concello está a 19 km. da capital da provincia.

 

Historia

Begonte, segundo Vidán Torreira, debe o seu nome aos lexionarios romanos da tribo dos Vocontii, da conca do Ródano. Como POGONTI aparece mencionado o ano 666 na Itación de Wamba, como BOCONTI nos seus respectivos documentos dos anos 966 e 971, e como BOGUNTI en 1137 e 1187. Nicandro Aires, que estudou a orixe do nome, considera que VOCONTII pode tamén significar "Vinte" ou "Os vinte", que podería corresponder aos aproximadamente vinte quilómetros de distancia á capital lucense.

Hai pegadas de vida nesta terra desde uns 3.500 anos A.C., do paso das xentes de Roma. Os Baamonde e os Saavedra deron nome a dúas parroquias do concello, aínda que o paso dos séculos fixo desaparecer casa-fortaleza de Baamonde e o castelo de Saavedra. Un Rey, Bermudo II, pernoitou en Saavedra cando veu conquistar o castelo de Aguiar. Outro, Afonso V, veu ditar sentenza familiar. Aquí os irmandiños loitaron e perderon.

A comezos do século XIX os franceses invadiron a comarca, e dous nomes - FRANCÉS en Santa Mariña de Rábade e FRANCESA en Begonte - gardan memoria daquela presenza.

Begonte foi privilexiado en comunicacións desde sempre. A estrada Madrid - A Coruña inaugurouse xa en 1773. A de Vilalba substituía ao antigo Camiño Real que desde a ponte de Rábade cruzaba este concello.

Historia de Begonte

 

O ferrocarril tardaría en conseguirse para a capital do concello. Chegara a Rábade en 1885. Xa en 1874 Begonte solicitara un apeadeiro. Pero non chegaría a ter estación de ferrocarril ata xuño de 1941, cando o primeiro tren parou en Begonte.

O Concello de Begonte nace en 1842, sendo o seu primeiro alcalde don Ramón Losada y Montenegro. En 1924, Rábade (que pertencía a Begonte) independizouse como entidade local menor, conseguindo ser concello en 1925.

 

Comunicacións

O Concello de Begonte ten unha lonxitude de estradas superior aos 210 quilómetros, dos que máis de 120 forman a rede municipal de pequenas estradas, baseada en antigos camiños, de responsabilidade municipal. As estradas begontinas presentan a seguinte clasificación:

Rede Estatal

Autovía do Noroeste (A-6)
Estrada Nacional Madrid-Coruña (N-VI)
Estrada Nacional S. Sebastián-Baamonde (N. 634)

N.VI en Begonte

Rede autonómica:
Estrada comarcal Rábade-Ferrol, pasando por Vilalba (C-641)
Estrada autonómica Rábade-Cospeito (Lu-111).
Rede provincial:
Cinturón de Lugo (Pr.16-11)
Rede municipal:
Antigos camiños, ensanchados e alquitranados.

Comunicaciones 01

 

A Autovía do Noroeste, como antes a Nacional VI, e a liña de ferrocarril dividen ao Concello en dúas amplas zonas, de leste a oeste. Pero esta división artificial non fai máis que reforzar a división natural que fai a depresión formada polos ríos Ladra e Parga, que no mesmo sentido atravesan o territorio do Concello.

A Autovía do Noroeste complementa máis que substitúe á antiga Nacional VI, que segue en funcionamento, aínda que de forma máis repousada e servindo especialmente ao tráfico comarcal. Ambas conectan Begonte e todo o centro chairego coa costa coruñesa e coa meseta, constituíndo a máis importante -polo de agora- vía de comunicación do Concello de Begonte.

N. VI - Polígono industrial

A  N-634 (San Sebastián-Santander-A Coruña), entronca en Baamonde coa  N-VI, e conecta ao concello coa capital comarcal, e desde ela coa costa lucense, coas Pontes e Ferrol. Esta vía está agora complementada pola A-8 que provén da Costa lucense e entronca coa autovía Madrid-A Coruña, recibindo á súa vez á vía rápida que se está construíndo entre Ferrol e Vilalba, co que se reforzará cada vez máis o papel deste concello como núcleo de comunicacións.

Comunicaciones 02

 

A C-641, que de Rábade vai a Vilalba, constitúe unha importante vía de comunicación para a zona norte do concello, sendo outra opción de acceso á capital da comarca e, con ela, á costa lucense, a As Pontes e Ferrol. A  Lu-111, que desde a C-641 en Rábade vai ao concello de Cospeito, proporciona unha excelente comunicación a toda a zona oriental begontina. A construción da estrada  PR-16-11 pola Deputación Provincial de Lugo, como parte do chamado Cinto de Lugo, completa a comunicación Norte-Sur do Concello, enlazando amplas zonas de Begonte con outras dos concellos de Cospeito e Friol.

Isto, polo que a vías principais se refire, porque as comunicacións internas entre as diversas parroquias do concello de Begonte efectúanse a través dunha tupida rede de pequenas estradas, os antigos camiños veciñais asfaltados, que enlazan todos os núcleos de poboación do termo municipal entre si e coas localidades limítrofes.

Son un total de 85 vías municipais cunha extensión total de 128 quilómetros.