Ir o contido principal

O Territorio

Clima

O clima da comarca de Begonte é "subcontinental húmido dentro do macroclima oceánico de Galicia". O clima begontino pódese xulgar de tépedo medio, con invernos moderados e veráns sen rigores. É un clima que poderiamos denominar "humano", no que a vida se desenvolve nas mellores condicións climatolóxicas e sociais.

A maior parte do terreo do concello é apto para a agricultura, sendo a capacidade de produción do chan de tipo medio. Fai falta utilizar fertilizantes químicos para corrixir a acidez e a escaseza dalgúns elementos, e orgánicos para reposición de materia consumida polos cultivos.

A planura do terreo favorece a mecanización do traballo na terra, e a agricultura e a gandería seguen sendo a fonte de ingresos máis importante do concello, co necesario e paulatino transvasamento á industria e servizos.

El Territorio

 

Ríos

Os ríos Parga e Ladra regan e cruzan o territorio begontino. Xúntanse en Pacios, e van desembocar no Río Miño, xa no Concello de Outeiro de Rei. O Río Miño separa Begonte do territorio de Outeiro de Rei e o Támoga do de Cospeito. A confluencia do Támoga co Miño forma a illa de San Roque no punto onde limitan os concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Cospeito.

Mención especial merecen as Lagoas  do Ollo e Riocaldo, ás que hai que engadir as orixinadas pola extracción de áridos nas proximidades da de  Riocaldo.

As lagoas teñen un excelente futuro cunha dobre vertente: a observación e potenciación da natureza, desde o punto de vista ambiental e unha racional explotación turística que contemple a súa singularidade.


Rede Natura 2000

Begonte está incluído entre os concellos considerados lugares privilexiados da Rede Natura 2000, e así unha zona do seu territorio forma parte do  L.I.C. (Lugar de Importancia Comunitaria) Parga-Ladra-Támoga, que comprende as ribeiras dos ríos Parga, Ladra, Támoga e Miño, e as lagoas de  Riocaldo.