💜 8M - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 👩🏻
Como cada ano, o Concello de Begonte quere conmemorar a loita da muller pola súa participación en igualdade na sociedade.
Nesta ocasión e debido á súa coincidencia co XIV Concurso de disfraces e comparsas 🎭, aúnanse ambos eventos para facelos visibles ao longo de toda a xornada, por iso a conmemoración do 🟣8M vai estar latente no propio concurso con distintas accións en prol desta loita, ás que nos gustaría que vos sumárades! 💪
Para comezar o evento de Entroido farase lectura do manifesto do 8M, que abrirá o desfile e durante todo o día estará dispoñible no pavillón de Baamonde unha exposición 🖼 sobre “Mulleres que cambiaron a historia”. Figuras de distintos ámbitos e nacionalidades aparecen representadas nesta exposición, que pretende dar a coñecer e poñer en valor o progreso logrado polas 🧕👩🦰 mulleres 👱♀️👩🦳 ao longo da historia, como símbolo do seu esforzo incansable por equiparar os dereitos fundamentais e capaz de transformar a sociedade, motivándonos así da importancia de seguir avanzando.
A programación do 8M complétase ademais co curso de solo pélvico programado para o luns, 10 de marzo, ás 16:30 h na Casa da Cultura de Begonte.
💜 Querémonos libres e iguais!!