ACHÉGATE HOXE A BEGONTE! 𝐆𝐀𝐋𝐈𝐂𝐈𝐀 𝐒𝐀𝐁𝐄 𝐀𝐌𝐀𝐑 🦞🦀
𝐆𝐀𝐋𝐈𝐂𝐈𝐀 𝐒𝐀𝐁𝐄 𝐀𝐌𝐀𝐑 é unha campaña da Xunta de Galicia que nace no verán de 2021 para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir produtos do mar 🌊 , impulsar a súa venda 🛒 e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca 🎣 e do marisqueo 🦞.
Este 2024 a iniciativa sóbese ás catro rodas a través de catro foodtrucks 🚐 que levarán o sabor das rías galegas por máis de 250 municipios 🗺️ de toda España vinculados ao Camiño de Santiago 🚶♀️🚶♂️. En cada parada os visitantes poderán degustar 😋 algún dos 10 petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra 🌎.
Hoxe luns día 23, unha das catro foodtrucks estará no 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞, no seguinte emprazamento:
📍 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 - Praza do Concello ⏰ 12:00 – 14:00 H.
📍 𝐁𝐞𝐥𝐞́𝐧 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 - ⏰ 16:00 – 19:00 H.
Achégate a probar! 😊
VIVE O NADAL EN BEGONTE! 👑