ACONDICIONAMENTO DE VIVENDA SOCIAL
O Concello de Begonte solicitou por medio do procedemento (MR701D), resolución da Axencia de Desenvolvemento Rural, pola que se convocaban subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo) da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2021 e 2022, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, unha axuda que foi concedida para o Acondicionamento de Vivenda Social na parroquia de Saavedra.
Entidade colaboadora na xestión da medida Leader de Galicia: GDR: 02 Asociación de Desenvolvemento comarcar da Terra Chá.