Amplíase ata o 20-01-2020 a inscrición no Proxecto: Prende! Bota raíces no Rural
Amplíase ata o 20-01-2020 a inscrición no Proxecto: Prende! Bota raíces no Rural.
da Deputación de Lugo, que ten por obxetivo a mellora da empregabilidade a través da formación de mozos e mozas.
Máis información: http://www.deputacionlugo.gal/temas/emprego/prende/genera
DESTINATARIOS
Está dirixida aqueles mozos e mozas que desexen participar na formación dalgunha das materias específicas propostas que queiran asentar a súa vivenda nalgún concello dos participantes definidos no Anexo I destas bases, e cumpran cos requisitos seguintes:
- Mozos e mozas maiores de 16 e menores de 30 anos no momento da solicitude. Para o caso de cumprir os 30 anos en breve , poderá ser destinatario destas axudas sempre e cando inicie a súa participación no programa antes de que transcorran 4 meses dende o seu cumprimento, neste caso especifico poderá finalizar a participación no mesmo.
- Estar inscritos no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil.
- E obriga indispensable que os mozos e mozas beneficiarios de calquera medida estean empadroados durante o período de vixencia da subvención nalgún dos municipios definidos no artigo 2 do Real Decreto 1234/2018, de 5 de outubro, e recollidos no Anexo I – Listaxe Concellos desta convocatoria.
- Non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a recollidas nos apartados 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, de novembro, xeral de subvencións en concordancia coa Lei 9/2007 de xuño, de subvencións de Galicia