🚨🆘 AXUDA ÁS VÍTIMAS DAS INUNDACIÓNS A CONSECUENCIA DA DANA
O 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞, seguindo as indicacións das autoridades e dados os problemas de loxística e almacenamento que se están a producir neste momento, recomenda enviar as axudas a través de doazóns económicas ás organizacións que traballan nas zonas afectadas.
Así, da recadación obtida do Magosto Popular, o Concello de Begonte doará 2€ de cada unha das entradas vendidas e habilitarase unha urna para recadar fondos para a causa.
Ademais, estará tamén dispoñible durante esta semana outra urna nas dependencias do Concello á disposición de todas as persoas que desexen colaborar.
Poderán facerse doazóns económicas a través de www.cruzroja.es/colabora ou polas seguintes vías que detallamos na imaxe: 👇