AXUDAS MUNICIPAIS PARA PALIAR OS DANOS PROVOCADOS POLAS INUNDACIÓNS A CONSECUENCIA DO TEMPORAL DE XANEIRO DE 2023
Prazo de presentación 15 días naturais dende a publicación no BOP LUGO: 17/03/2023 ao 31/03/2023.
É obxecto desta convocatoria é paliar ou minimizar na medida do posible as consecuencias derivadas das inundacións producidas no municipio polo forte temporal de choivas acaecido no mes de xaneiro deste ano, mediante a concesión das correspondentes axudas económicas de carácter extraordinario e non periódico aos particulares donos ou arrendatarios de vivendas afectadas.
As axudas económicas previstas nas presentes bases están destinadas a atender necesidades derivadas da situación excepcional de emerxencia provocada polas ditas inundacións e serán de aplicación nas zonas do termo municipal de Begonte nas que efectivamente se produciron danos causados polo temporal.
Requisitos para ser beneficiario-
Poderán solicitar esta subvención as persoas maiores de idade ou emancipados legalmente, e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que, ostenten un titulo lexítimo (en réxime de propiedade ou de aluguer) respecto de inmoble ou vivenda sito no termo municipal de Begonte e que o mesmo resultase afectado polas inundacións do pasado mes de xaneiro.
b) Que non se atopen incursas en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e en particular, non ter débedas coa Facenda estatal (AEAT), coa Facenda Autonómica e coa Tesourería Xeral da Seguridade Social (TGSS). Este requisito debe cumprirse desde a data de presentación da solicitude ata a data do pagamento da subvención, no seu caso.
c) Non ter débeda algunha pendente co concello de Begonte. Este requisito verificarase de oficio polo Concello e debe cumprirse desde a data de presentación da solicitude ata a data do pagamento da subvención, no seu caso.
22/05/2023 Acordo Pago axudas DANOS inundacións xan23 (pdf)
25/04/2023 Listaxe beneficarios axudas DANOS inundacións xan23 (pdf).
Para máis información consultar as bases da convocatoria.
Documentación Fase Solicitude:
As solicitudes poderán presentaranse no rexistro xeral do Concello de Begonte utilizando o Anexo Solicitude ou por vía electrónica a través da Sede Electrónica do Concello de Begonte, utilizando a instancia xeral que se encontra no apartado Trámites destacados adxuntado a documentación solicitada, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas