Ir o contido principal

AXUDAS A TRAVÉS DE INCENTIVOS A CONTRATACIÓN TEMPORAL POR CONTA ALLEA DO ALUMNADO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “CUMES DA TERRA CHÁ VI “CONCELLOS DE BEGONTE - RÁBADE – FRIOL

Axudas

AXUDAS A TRAVÉS DE INCENTIVOS A CONTRATACIÓN TEMPORAL POR CONTA ALLEA DO ALUMNADO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “CUMES DA TERRA CHÁ VI “CONCELLOS DE BEGONTE - RÁBADE – FRIOL

Os incentivos á contratación temporal por conta allea teñen a finalidade de facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas participantes nos talleres duais de emprego, financiados a través da convocatoria 2022 de axudas e subvencións a talleres duais de emprego, pola Dirección Xeral de Formación e Colocación, pertencente á Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, neste caso será para o alumnado do Obradoiro de Emprego CUMES DA TERRA CHÁ VI, que rematen o Obradoiro co resultado de apto/a.

Condicións da contratación: 

  • Duración da contratación temporal: mínimo de 3 meses.
  • Xornada laboral: a tempo completo.
  • A contatración laboral deberá comezar nos quince días seguintes á finalización do obradoiro dual de emprego CUMES DA TERRA CHÁ VI, que remata o 02/10/2023.

Beneficiarios.-Poderán ser entidades beneficiarias cos incentivos a contratación as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, cuxa actividade estea directamente relacionada coa formación impartida nos talleres duais de emprego, é dicir, que a actividade estea relacionada coas especialidades de “Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización” (EOCB0209) ou con “Revestimentos con pezas ríxidas por adherencia en construción” (EOCB0310), e que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados no ámbito territorial dos talleres duais de emprego, ver máis nas bases da convocatoria.

Prazo de presentación: 18/09/2023 al 29/09/2023.

Para máis información consultar as bases da convocatoria.

Documentación Fase Solicitude:

As solicitudes poderán presentaranse no rexistro xeral do Concello de Begonte utilizando o Anexo Solicitude ou por vía electrónica a través da Sede Electrónica do Concello de Begonte,  utilizando o trámite destacado denominado Axudas incentivos contratación alumn@s obradoiro 2022