Ir o contido principal

Buxiganga. Circuito de teatro afeccionado 2015.

Concello de Begonte

Buxiganga. Circuito de teatro afeccionado 2015.

O programa Buxiganga de teatro afeccionado da Deputación de Lugo volve o Concello de Begonte ca obra "O Caldeiro Máxico" para todos os públicos da compañía O Centiño de Foz

"Contan que na Idade Media, cando o Bispo Santo fixo o seu miragre e se construiu a Basílica en San Martiño, dous peregrinos, avoa e neto, visitaron o lugar. Escolleron unha mala data, a noite de defuntos na que as forzas do máis alá se desatan, os mortos visitan aos vivos, e as bruxas e outros seres máxicos deambulan pola contorna. Nunha taberna de San Martiño xúntanse varias persoas: o taberneiro, un vello con mal xenio, Aldana a empregada, un borrachín asiduo do lugar, Ósos o sepultureiro. Tamén chegaron os normandos: o gran Olaf e o seu apendiz Erik, que andan na procura do caldeiro máxico e os seus poderes. Finalmente coa axuda da Bruxa Morgana, o caldeiro máxico actuará e todos poderán desfrutar da súa maxia".

 

 

Dirección: colexiada entre todos os membros do grupo.

Elenco: 9 actores/actrices