Ir o contido principal

CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA PARA PROMOVER A RECICLAXE DE RESIDUOS ORGÁNICOS NO CONCELLO DE BEGONTE

compostaxe

CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA PARA PROMOVER A RECICLAXE DE RESIDUOS ORGÁNICOS NO CONCELLO DE BEGONTE

O Concello de Begonte solicitou unha axuda para actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, sendo beneficiario desta axuda, desenvolve unha campaña de compostaxe doméstica, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia -no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU- a través da cal se pretenden complementar outras iniciativas desta índole desenvolvidas polo ente municipal.

A campaña destínase a 75 vivendas unifamiliares do Concello de Begonte, pertencentes preferentemente á zona rural, que recibirán de forma totalmente gratuíta os materiais necesarios para a elaboración de compost.

Os interesados poderán inscribirse nas oficinas municipais, presencial ou de forma telefónica, ata fin de existencias.