Ir o contido principal

🥎 𝐂𝐋𝐀𝐔𝐒𝐔𝐑𝐀 𝐃𝐀 𝐋𝐈𝐆𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐀́𝐃𝐄𝐋 𝐃𝐄 𝐁𝐄𝐆𝐎𝐍𝐓𝐄 𝟐𝟑/𝟐𝟒

liga padel
liga padel

🥎 𝐂𝐋𝐀𝐔𝐒𝐔𝐑𝐀 𝐃𝐀 𝐋𝐈𝐆𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐀́𝐃𝐄𝐋 𝐃𝐄 𝐁𝐄𝐆𝐎𝐍𝐓𝐄 𝟐𝟑/𝟐𝟒

Esta fin de semana púxose punto e final á Liga de Pádel 23/24 organizada polo 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 na que participaron un total de 𝟐𝟐 𝐞𝐪𝐮𝐢𝐩𝐨𝐬 repartidos en 𝟒 divisións.

Para este remate, disputouse unha 𝐂𝐎𝐏𝐀 🏆 na xornada do domingo, cun xantar 🍽🍖 de confraternización 🤝 para todos/as os/as participantes, nas inmediacións da pista de pádel.

Agora toca pensar no 🎖 IV TORNEO DE PÁDEL DE VERÁN, que previsiblemente se levará a cabo os días 𝟐𝟑, 𝟐𝟒 𝐞 𝟐𝟓 𝐝𝐞 𝐚𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨.

Grazas a todos/as por participar e agardámosvos na vindeira edición que xa estamos a preparar!! 🤩👏