Convocatoria de probas de avaliación en competencias clave nivel 2 e 3
A Dirección Xeral de Emprego e Formación (Consellería de Traballo e Benestar), convoca probas de avaliación en competencias clave para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro da formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia
Descrición do convocatoria:
- O obxecto desta resolución é convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 (por exemplo estar desempregado e querer facer unha acción formativa para desempregados (AFD) de nivel 2 ou 3, e non ter os niveis formativos mínimos para acceder a un certificado nivel 2 ou 3) de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Convócanse probas nos dous niveis, 2 e 3 , nas seguintes competencias clave:
- Comunicación en lingua galega.
- Comunicación en lingua castelá.
- Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
- Competencia matemática.
- Competencias en ciencia.
- Competencia en tecnoloxía.
- Competencia dixital
- Lugar e prazo de presentación solicitudes
A participación nestas probas deberá formalizarse presentando unha solicitude segundo o modelo do anexo I desta resolución, dirixida ao Instituto Galego das Cualificacións debidamente cuberta, máis a documentación solicitada na solicitude.
O prazo para presentala é a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 3 de maio de 2013.
- Modelo de solicitude
Estará dispoñible na Guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia, e tamén na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar http://www.xunta.es/formularios/generarPlantillaPDF?conselleria=TR&procedimiento=306A&version=0.0&idioma=gl_ES
- Realización das probas de avaliación en competencias clave
No recinto feiral de Silleda, en Silleda (Pontevedra), os días 22 e 23 de xuño 2013 comenzando ás 10 h.
Máis información sobre a convocatoria na web http://traballo.xunta.es/portada-competencias-clave, nesta páxina na columna dereita e en Convocatoria.
Para máis información nas oficinas municipais ou chamando ao número de teléfono 982 39 61 43 (preguntar por AEDL).