🍏🌳 𝐂𝐔𝐑𝐒𝐎 𝐃𝐄 𝐏𝐎𝐃𝐀
O 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 en colaboración coa Reserva da Biosfera Terras do Miño, organizan un curso gratuíto de poda de árbores froiteiras.
A formación levarase a cabo o 🗓 mércores 9 e o venres 11 de abril de 2025 en horario de ⏰ 16.00 a 20.00 horas (ambos días) na 𝐀𝐮𝐥𝐚 𝐝𝐚 𝐍𝐚𝐭𝐮𝐫𝐞𝐳𝐚 (situada ó lado do Centro Médico 🏥 de Begonte).
As prazas son limitadas, polo que se deberá realizar a inscrición 📝 antes do martes día 1 de abril, ben presencialmente nas oficinas do Concello de Begonte (de 9.00 a 14.30h) ou por teléfono no ☎ 982 39 61 43.