Ir o contido principal

🗣 Encontro online para familias: ❞OBRADOIRO PARA NAIS E PAIS VERGOÑOSOS❞ ☺️

obradoiro

🗣 Encontro online para familias: ❞OBRADOIRO PARA NAIS E PAIS VERGOÑOSOS❞ ☺️

O servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un encontro online 💻 dirixido a nais 👱‍♀️, pais 🧔, educadoras/es 👩‍🏫 e outros perfís vinculados á educación dos concellos da agrupación, para abordar temáticas relacionadas coa sexualidade e o acceso á pornografía.

Este obradoiro será impartido de xeito online 📲 por José Luis García 🧑‍🏫, doutor en psicoloxía, sexólogo, conferenciante e escritor, autor de libros como "¿Hablemos de porno?: Como educar a la Generación Porno en una sexualidad sana y respetuosa", "Tus hijos ven porno ¿qué vas a hacer?, "Tus hijos ven porno, ¿qué puede hacer la familia?", entre outros. Por outra banda, participou tamén no documental "Generación Porno".

▪️ OBXECTIVOS:
- Coñecer os principais riscos sexuais asociados a Internet.
- Ter un maior coñecemento da realidade actual respecto do consumo de pornografía.
- Adquirir habilidades para abordar este tema tomando como referencia situacións prácticas concretas.

▪️CONTIDOS:
- Pornografía:
Realidades e problemas do consumo precoz de pornografía.
Riscos do consumo: adición e alteracións cerebrais e condutuais.
Pornografía infantil e amateur de/para xóvenes.

- Sexting e Grooming:
Fustigación por depredadores sexuais ou acoso sexualidade.
Sextorsión.
Acosos, ciberacoso e bullying.
Agresións sexuais.

- Redes sociais de risco
OnlyFans, Camgirls, Tik-Tok.
Contactos con persoas descoñecidas e prostitución.

🗓 Data: 10 de febreiro
Horario: de 17:30 a 19:30h

🖥 Inscricións a través do seguinte enlace: https://forms.gle/2h2SezHShJ7K3ubp9

🔹+ INFO

Servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación de concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de rei e Rábade.

✉️ prevenciondrogas@rabade.org
☎️ 982390062 ( María Barreiro)