⚽️ FÚTBOL SALA: ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN ⚽️
📅 Co fin de completar os diferentes equipos de base do Concello de Begonte Fútbol Sala, abrimos o prazo de inscrición no que terán preferencia @s anotad@s antes do 31 de agosto.
A inscrición formalizarase no rexistro do Concello de luns a venres entre as 09:00 e a 14:30h presentando debidamente cuberto o modelo de solicitude:
- Inscrición Fútbol Sala 2022-2023.
Tamén se poderá realizar mediante a sede electrónica do Concello de Begonte, premendo na seguinte ligazón:
- Sede electrónica.
*Nota: Para poder realizar a solicitude a través da sede electrónica do Concello de Begonte e necesario identificarse electronicamente con certificado dixital de persoa física, DNI electrónico ou clave concertada.
📌PREZO
20€/mes (Excepto a categoría Biberón 👶🏻🍼 --> 10€).
📌DESCONTOS
Aplicarase unha redución do 15% para 2º o/fillo/a, do 25% para o 3º e do 50% para o 4º que asista a fútbol sala.
📌NOTA: Os horarios marcados no formulario de inscrición son orientativos e para o posible inicio de actividade, non os definitivos.
☎️ Máis información no teléfono 982 39 61 43.