🟢 Hoxe 4 de febreiro, celébrase o Día mundial contra o cancro
Dende o 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 queremos amosar todo o noso apoio e ánimo ás persoas que nestes momentos o están a sufrir e transmitirlles unha mensaxe de agarimo e esperanza.
Con este motivo, a nosa 𝙈𝙪𝙡𝙡𝙚𝙧 𝙧𝙪𝙧𝙖𝙡, escultura obra de 👨🎨 Víctor Corral que está situada nas inmediacións do centro de saúde 🏥 de Begonte, permanecerá esta semana iluminada 💡 de cor verde para simbolizar a loita contra o cancro. 💪🏽
A xente loitadora e valente é a que inspira e da sentido á vida. Xuntos gañaremos esta batalla! 💪
#díamundialcontraocancro