𝐎 𝐈𝐌𝐒𝐄𝐑𝐒𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐕𝐎𝐂𝐀 𝐎 𝐏𝐑𝐎𝐆𝐑𝐀𝐌𝐀 𝐃𝐄 𝐓𝐄𝐑𝐌𝐀𝐋𝐈𝐒𝐌𝐎 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐎 𝐀𝐍𝐎 𝟐𝟎𝟐𝟒/𝟐𝟎𝟐𝟓. 👴👵
🔸Poderán participar no Programa de Termalismo, as persoas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:
a. Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
b. Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
c. Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
d. Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.
📅 Prazo de presentación:
Para as quendas dos meses de febreiro a agosto (ambos inclusive): ata o día 9 de xaneiro de 2025.
Para as quendas dos meses de setembro a decembro (ambos inclusive): ata o día 15 de maio de 2025.
Para tramitar a solicitude ou obter máis información pide cita na Oficina de Servizos Sociais comunitarios do Concello de Begonte.