𝐆𝐀𝐋𝐈𝐂𝐈𝐀 𝐒𝐀𝐁𝐄 𝐀 𝐌𝐀𝐑 🐟🦞🌍 NO TORNEO DE PÁDEL!!
Atent@s porque esta fin de semana teremos un dos eventos do verán como é a cuarta edición do TORNEO DE PÁDEL 🥎 organizado polo 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 e no que este ano conta con récord de participación unha vez máis. 🤩👏
Esta competición comezará o venres e prolongarase durante o sábado e o domingo.
Por se isto fose pouco, o domingo día 1, en horario de 12:00 a 15:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas, contaremos nas inmediacións da Pista de Pádel, coa foodtruck 𝐆𝐀𝐋𝐈𝐂𝐈𝐀 𝐒𝐀𝐁𝐄 𝐀 𝐌𝐀𝐑, da Xunta de Galicia, que nos permitirá degustar de xeito gratuíto algún dos petiscos realizados a base de produtos certificados do mar 🌊 e da terra 🌍.
Convidámosvos a tod@s a achegarvos á pista de pádel a desfrutar dunha fin de semana de deporte 🏆 e de degustación 😋!