Ir o contido principal

O CONCELLO DE BEGONTE REMATA O REPARTO DE MÁSCARAS 😷

O CONCELLO DE BEGONTE REMATA O REPARTO DE MÁSCARAS
O CONCELLO DE BEGONTE REMATA O REPARTO DE MÁSCARAS

O CONCELLO DE BEGONTE REMATA O REPARTO DE MÁSCARAS 😷

O pasado luns, persoal do Concello de Begonte comezaba o reparto de máscaras de protección contra o Covid-19 🦠 que a día de hoxe, sábado 18, damos por rematado.

A protección dos nosos veciños e veciñas é a nosa principal preocupación, por iso destinamos tódolos recursos económicos e humanos necesarios e intentamos facer o reparto da mellor maneira posible.

Sempre podemos cometer algún erro, por iso, advertimos que se alguén se quedou sen as súas máscaras, polo motivo que fose, se poña en contacto con nós a través do ☎️ 982 39 61 43 (De luns a venres en horario de 9h a 14h) ou no📱663 58 76 32 (Noutro horario) para facerllas chegar coa maior brevidade posible.

Queremos aproveitar para dar as grazas a todo o persoal municipal polo seu traballo en condicións que non son doadas, e tamén a toda a veciñanza polo esforzo que estades a facer, para que isto remate canto antes, quedándose cada un na súa casa. 🏠 👏