O IMSERSO convoca o programa de TERMALISMO 2016
Os requisitos para poder participar:
a. Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social Español.
b. Ser pensionista de viuvedade con cincoenta e cinco ou máis anos de idade o Sistema de Seguridade Social Español.
c. Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social Español.
d. Ser asegurado ou benegiciario do Sistema de Seguridade Social Español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.
Prazo de presentación:
Para participar no proceso de adxudicación de praza:
- Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 11 de xaneiro de 2016.
- Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 11 de maio de 2016.
Para tramitar a solicitude ou obter máis información acuda a Oficina de Servizos sociais do Concello de Begonte de lúns a xoves de 9h a 14 h.