Ir o contido principal

PRESOLICITUDE PARA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE BEGONTE

escola infantil

PRESOLICITUDE PARA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE BEGONTE

Rematada a obra da Escola Infantil Municipal de Begonte e en proceso de tramitación para a apertura, iníciase un período de consultas, ca intención de avaliar as necesidades na prestación da escola infantil.

Ábrese un prazo para coñecer o interese e a demanda por parte das familias do municipio e da contorna, que se manterá 30 días naturais, dende o día de hoxe e ata 25/02/2025.

A información proporcionada a través da ficha que se acompaña, utilizarase exclusivamente co fins estatísticos e de planificación.

A presentación desta solicitude non garante a disponibilidade de praza, sendo preciso tramitar a solicitude cando se proceda a apertura de prazo.

A presentación da ficha presolicitude poderase realizar nas oficinas municipais, na sede electrónica do Concello de Begonte https://begonte.sedelectronica.es/info.4, mediante o procedemento destacado Instancia xeral (utilizando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura electrónica admitidos pola sede electrónica do Concello de Begonte) ou a través doutra das maneiras establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.