Ir o contido principal

PROGRAMA DE DESHABITUACIÓN TABÁQUICA 🚭

PROGRAMA DE DESHABITUACIÓN TABÁQUICA

PROGRAMA DE DESHABITUACIÓN TABÁQUICA 🚭

O servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un ano máis un Programa de Deshabituación Tabáquica para aquelas persoas 👩🏼👨🏻 que están interesadas en deixar de fumar.
 
Durante o proceso de deshabituación tabáquica ofrécese apoio terapéutico ao longo de 7 sesións grupais continuadas, unha á semana, para lograr o obxectivo de deixar atrás o tabaco. As sesións serán impartidas a través de persoal da sede de Lugo da Asociación Española Contra o Cancro.
 
🤝CONDICIÓNS PARA A INSCRICIÓN
1. Residir nalgún dos concellos da agrupación Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade.
2. Ter interese en deixar de fumar.
 
📝PREINSCRICIÓN (🗓 Ata o 4 de marzo 2022 )
- Enviando datos persoais e de contacto ao mail: prevenciondrogas@rabade.org
 
✍️NOTA
- O lugar, horario e número de grupos fixarase en función das inscricións recibidas en cada concello da agrupación.
- O programa está previsto para realizar nos meses de marzo e abril de 2022 ( 7 sesións).
 
+ 𝐈𝐍𝐅𝐎
Servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de rei e Rábade.
📧 prevenciondrogas@rabade.org
☎️ 982390062 (María Barreiro).