🚢⚓️ REPETIMOS A VIAXE EN CATAMARÁN!!
Dado o éxito que tivo a excursión de onte 🚌, o próximo mércores día 31 de agosto, o 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 volve a organizar unha viaxe a Pontevedra e Combarro, onde ademais poderemos gozar dun paseo en catamarán ⛴ e dunha boa mariscada a bordo 🦀🦞🦐😋.
Terán preferencia todas aquelas persoas que se quedaron na lista de reserva da anterior excursión.
🎫 𝐏𝐫𝐞𝐳𝐨 𝐞𝐦𝐩𝐚𝐝𝐫𝐨𝐚𝐝𝐨𝐬: 𝟑𝟓€
🎫 𝐏𝐫𝐞𝐳𝐨 𝐧𝐨𝐧 𝐞𝐦𝐩𝐚𝐝𝐫𝐨𝐚𝐝𝐨𝐬: 𝟒𝟓€
50 prazas (por orde de inscrición no Concello ata o luns 29 de agosto).
☕️ Almorzo, 🍽 mariscada, 🚢 barco e 🚌 viaxe incluídas.
Para realizar a inscrición será necesario cubrir o modelo de solicitude 📝, achegar o DNI, a tarxeta sanitaria 💳 e o xustificante de pago📄 (facilitarase o número de conta para facer o ingreso na propia solicitude).
Volvemos de viaxe! 🧳🚌😃