SETENTA E CINCO FAMILIAS PARTICIPAN NA CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA MUNICIPAL NO CONCELLO DE BEGONTE
Setenta e cinco familias do municipio de Begonte participan na campaña de compostaxe doméstica municipal, desenvolvida en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
A campaña, contou con gran aceptación entre a cidadanía tal e como desprenden os controis efectuados “porta a porta” por técnicos especialistas na materia. A maioría dos compostadores están a funcionar óptimamente, o que contribúe en boa medida á redución de materia orgánica a depositar nos colectores convencionais, así como á redución da emisión de gases efecto invernadoiro á atmosfera.