A XUNTA DE GALICIA CONCEDE A AXUDA PARA A POSTA EN MARCHA DA GARDERÍA 👶👧🏼🧒🏾👦🏽
O 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 e a Consellería de Política Social e Xuventude acordaron a posta en marcha para vindeiro curso dunha escola infantil 🏢 nas inmediacións do CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño 🏫.
Este proxecto permitirá a creación de 45 prazas de educación infantil de 0 a 3 anos no Concello de Begonte.
As instalacións, de nova construción 🏗 , constarán de dúas aulas, recepción, despacho e aseos ademais dunha zona de xogos 🛝 ó aire libre.