Ir o contido principal

Convocatoria e bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas á creación de emprego na provincia de Lugo: “GENERATE TU EMPLEO EN EL RURAL”.

Concello de Begonte

Convocatoria e bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas á creación de emprego na provincia de Lugo: “GENERATE TU EMPLEO EN EL RURAL”.

Publicado no BOP de Lugo nº 287 do día 16-12-2019 o Extracto do acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo en sesion celebrada o 11 de decembro do 2019 polo que se aproba a convocatoria e bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas á creación de emprego na provincia de Lugo.

A finalidade deste programa é a de contribuír a mellora da empregabilidade mediante a formación a través da Medida 8.2.3.1, “GENERATE TU EMPLEO EN EL RURAL” consistindo na financiación dos custos directos de formación en materia de autoemprego e creación de empresas, así coma de formación especifica en materias de sectores concretos: hostalaría e turismo, enerxía e auga, agricultura e gandería e mediambiente, por considerarse estes sectores emerxentes e de gran potencialidade na nosa provincia. Esta orde ten por obxecto establecer unha convocatoria para seleccionar os mozos e mozas dentro dun programa de formación no que cobrarán unha axuda económica, que sirva para afincar os mozos no rural e así combater o reto demográfico dando unha oportunidade os mozos e mozas da provincia de Lugo que se atopen empadroados nalgún dos concellos participantes relacionados no Anexo I ver as bases) e inscritos no ficheiro do Sistema Nacional de garantía xuvenil.

Forma e prazos de presentación da solicitude:

Co fin de incentivar a utilización de medios electrónicos e no marco dos principios da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, as solicitudes de adhesión presentaranse preferentemente telemáticamente a través da sede electrónica: http://sede.deputacionlugo.org ou a través de calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles dende o seguinte a publicación da convocatoria do presente programa no BOP (publicado o 16/12/2019), previa publicación no Base de Datos Nacional de Subvencións.

Máis información:

Deputación Lugo