Ir o contido principal

🚨 ATENCIÓN PRESENCIAL NO CONCELLO

begonte

🚨 ATENCIÓN PRESENCIAL NO CONCELLO

O Concello de Begonte restablecerá a atención presencial nas dependencias municipais a partir do próximo luns día 11 de maio.

Para ser atendido/a, será imprescindible solicitar cita previa chamando ó ☎️ 982 39 61 43, onde se lle asignará día e hora de atención.

Gardaranse todos os protocolos para garantir a seguridade dos veciños e veciñas ante o Covid-19 e soamente entrará nas dependencias municipais unha persoa de cada vez.

Recomendamos e pedimos a toda a veciñanza que se acheguen unicamente para asuntos imprescindibles e que continuemos extremando as precaucións.