🚘 LIMPEZA E DESINFECCIÓN GRATUÍTA DE VEHÍCULOS MEDIANTE OZONO 💨
O próximo venres día 📅 19 de xuño levarase a cabo na Praza Irmáns Souto Montenegro, nas inmediacións do Concello de Begonte, a limpeza e desinfección gratuíta de vehículos 🚙 mediante ozono para todos aqueles veciños e veciñas que o desexen.
Para poder acudir, será imprescindle solicitar cita previa chamando ás dependencias do concello ☎️ 982 39 61 43.