Ir o contido principal

O Concello de Begonte convoca axudas para impulso da reactivación da actividade económica no termo municipal de Begonte, para paliar os efectos do COVID-19

O obxecto da presente convocatoria é paliar ou minimizar na medida do posible as consecuencias derivadas da grave crise económica provocada polo COVID-19, impulsando desde o Concello a reactivación da actividade económica e a protección do emprego no termo municipal de Begonte, mediante a concesión das correspondentes axudas aos autónomos e empresas con domicilio fiscal no termo municipal de Begonte.

Documentación Fase Solicitude:

Prazo de presentación: ABERTO do 18/07/2020 - 01/08/2020

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP Lugo nº 163 do 17/07/2020).

As solicitudes, poderán presentaranse no rexistro xeral do Concello de Begonte no modelo normalizado (Anexo I Solicitude de axuda), preferiblemente por vía electrónica a través da Sede Electrónica do Concello de Begonte accesible a través do enlace https://begonte.sedelectronica.es., debendo empregar o modelo de presentación electrónica de solicitudes Instancia Xeral,  prégase que indique no asunto a seguinte lenda “Solicitude de axudas para paliar os efectos do Covid-19.”.