Ir o contido principal

BELÉN DE BEGONTE 2020

belen de begonte

BELÉN DE BEGONTE 2020

Como tódolos anos dende xa hai 49 anos o Belén de Begonte abre as súas portas, situando a este concello no mapa de Galicia como lugar de visita obrigada nestas datas de nadal, ainda que este ano debido a pandemia do COVID-19, non podera ser fisicamente, pero o Belén, reinventouse e non quería deixar de mostar a súa beleza, a todo aquel, que a queira apreciar e adaptouse, para que o podamos visitar virtualmente no seguinte enlace Belén Electrónico de Begonte.

Así poderemos comprobar de primeira man o que dicen del, xa que non é un calquera, fíxose maior e declarado Festa de interese turístico de Galicia dende 2014.

Sorprende a maiores e sobre todos os máis pequenos, son moitos os colexios que tódolos anos programan esta actividade que este ano suspenderon pero seguro que o ano que ven que coincide ca 50 edición poderán volver a visitalo presencialmente.

É un Belén que recrea a vida dunha vila Chairega de hai uns cantos anos, amosa oficios antigos e artesáns típicos, nuns 15 minutos o Belén de Begonte representa distintas circunstancias meteorolóxicas (neve, choiva, trono,...), ademais das accións típicas dun belén (podemos ver os reis magos movéndose dirección o portal de Belén…, e moito máis).

Despois dun traballo de varios meses a cargo Carlos Torres, Ramiro Cruz, Jesús Veiga e Jesús Domínguez (irmán de José Domínguez Guizán que con José Ródríguez Varela fundaron o Belén de Begonte en 1972) montan, crean e fan os axustes necesarios para que todo funcione correctamente os días que se pode visitar o Belén de Begonte (consulta horarios e días).

Si ves tódolos anos e como xa saberás inténtase incorporar novas pezas, a veces díficiles de atopar salvo que o coñezas moi ben, intenta encontralas na visita virtual.

Este ano o pregón da inaguración realizaouse virtualmente a cargo de Valentín García Gómez secretario xeral de Política Lingüística.

A apertura anual do Belén inclúe un amplo programa de actividades no Centro Cultural José Dominguez Guizan, convocándose os certames de Arte, Poesía, Xornalismo e Debuxo Infantil que podes consultar na web do Belén de Begonte.