Ir o contido principal

O Concello recibe unha subvención para o proxecto de instalación dunha Caldeira de Biomasa na antiga Cámara Agraria

fefer

O Concello recibe unha subvención para o proxecto de instalación dunha Caldeira de Biomasa na antiga Cámara Agraria

O Concello de Begonte solicitou unha axuda económica, ao abeiro da Resolución do 19 de xuño de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para proxectos de enerxías renovables térmicas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG núm. 129 do 01/07/2020), para o proxecto de instalación dunha Caldeira de Biomasa na antiga Cámara Agraria a cal conectarase a instalación existente que alimenta aos radiadores ubicados na Casa do Concello ademais dos propios do edificio onde se instala.

Recibiuse a resolución de concesión ditada polo director do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) para a realización da obra de instalación da Caldeira de Biomasa, a cal neste momento estase a executar pola adxudicataria ASERENER S.L.U.