Ir o contido principal

O IMSERSO CONVOCA O PROGRAMA DE TERMALISMO PARA O ANO 2022 👴👵

TERMALISMO IMSERSO

O IMSERSO CONVOCA O PROGRAMA DE TERMALISMO PARA O ANO 2022 👴👵

🔸 Requisitos das/dos usuarias/os:

1. Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:
    a. Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
    b. Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
    c. Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
    d. Ser persoa asegurada ou beneficiaria do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.

2. As persoas usuarias de praza deben reunir os seguintes requisitos:
   a. Non padecer alteracións de comportamento que poidan alterar a normal convivencia nos establecementos, ni padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
   b. Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
   c. Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
   d. Acadar, de conformidade coa baremación establecida, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas. Ponderaranse as seguintes variables:
      o Grao de necesidade de recibir os tratamentos termais.
      o Situación económica dos solicitantes.
      o Idade dos solicitantes.
      o Que non disfrutara da praza en anos anteriores.
      o Se o/a solicitante é membro dunha familia numerosa.
      o Outras circunstancias excepcionais non contempladas nas variables anteriores.

🔹 Prazo de presentación

📅 Establécense dous prazos para a presentación de solicitudes:

a) Para participar no proceso de adxudicación de praza:

   1.Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 31 de decembro de 2021.
   2.Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 de maio de 2022.

b) Para a súa inclusión na Lista de espera de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:
   1.Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 14 de maio de 2022.
   2.Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 30 de outubro de 2022.

Para tramitar solicitude ou obter máis información ℹ pida cita á Oficina de Servizos sociais do Concello de Begonte. (☎ 982 396 143)