𝐎 𝐈𝐌𝐒𝐄𝐑𝐒𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐕𝐎𝐂𝐀 𝐎 𝐏𝐑𝐎𝐆𝐑𝐀𝐌𝐀 𝐃𝐄 𝐓𝐄𝐑𝐌𝐀𝐋𝐈𝐒𝐌𝐎 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐎 𝐀𝐍𝐎 𝟐𝟎𝟐𝟐-𝟐𝟑. 👴👵
🔸Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:
a. Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
b. Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
c. Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
d. Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.
🔹Modalidades de viaxe:
• Zona Costeira Peninsular: estadías en zonas de Costa Peninsular de 10 e 8 días en Andalucía, Murcia, Comunidade Valenciana e Cataluña.
• Zona Costeira Insular: estadías de 10 e 8 días en zonas de Costa Insular (Canarias e Illas Baleares).
• Turismo de Interior, coas seguintes actividades: con estancias de 4, 5 e 6 días, cos seguintes tipos de viaxes:
o Circuitos Culturais.
o Turismo de Natureza.
o Viaxes a Capitais de Provincia.
o Viaxes ás cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.
📅 Prazo de presentación:
O novo prazo de presentación de solicitudes para participar, na tempada 2022-2023, deu comezo o 13 de decembro de 2022.
Para tramitar a solicitude ou obter máis información acuda as oficinas municipais do Concello de Begonte.