Ir o contido principal

🔥 𝐅𝐎𝐆𝐔𝐄𝐈𝐑𝐀𝐒 𝐃𝐄 𝐒𝐀𝐍 𝐗𝐎𝐀𝐍 𝟐𝟎𝟐𝟑

San Xoán

🔥 𝐅𝐎𝐆𝐔𝐄𝐈𝐑𝐀𝐒 𝐃𝐄 𝐒𝐀𝐍 𝐗𝐎𝐀𝐍 𝟐𝟎𝟐𝟑

Con motivo da celebración da festividade de San Xoan, lembramos a normativa para levar a cabo as tradicionais fogueiras! 🥳✨

 

📝 Deberán presentar unha comunicación previa, no rexistro xeral do 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞, antes do próximo día 𝟐𝟎/𝟎𝟔/𝟐𝟎𝟐𝟑 ás ⏰𝟏𝟒:𝟎𝟎𝐇.

 

Ademais terán en conta o seguinte:

 

🔸Os/As titulares da finca na que se realicen, serán responsables dos danos que poidan ocasionar con motivo da mesma.

🔹Deberán deixar recollidos os restos unha vez rematada a queima. 🗑

🔸As fogueiras realizaranse en parcelas privadas (sen acceso ó público en xeral) polo que non poderán facerse en vías públicas pavimentadas 🚧, nin en zonas verdes ou xardíns🌳, lugares próximos ás liñas eléctricas ️, inmobles 🏠 ou otros onde poida crearse situación de perigo.

🔹As fogueiras terán que gardar unha distancia mínima de 12 metros lineais coa vexetación🌲, coas casas 🏘 e cos edificios 🏢 máis próximos.

🔸A súa altura máxima será de 14 metros e o diámetro da zona de combustión non superará os 6 metros de ancho. ⚠️

🔹Para a combustión só poderá empregarse leña 🪵, ramas 🌿, troncos de árbores 🌴 ou calquera material de madeira. Estará prohibido o uso de materiais inflamables como rodas e cubertas de goma, plástico ou calquera derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes , explosivos, fedorentos ou tóxicos. ☢️

🔸Deberase deixar apagado 🚰 o foco antes de marchar; en caso de vento 💨 non se poderá levar a cabo o prendido da mesma.