Ir o contido principal

💻🖱 𝐂𝐀𝐌𝐏𝐀𝐌𝐄𝐍𝐓𝐎 𝐃𝐈𝐗𝐈𝐓𝐀𝐋 𝐃𝐎 𝟐𝟐 𝐃𝐄 𝐗𝐔𝐋𝐋𝐎 𝐀𝐎 𝟐 𝐃𝐄 𝐀𝐆𝐎𝐒𝐓𝐎

𝐂𝐀𝐌𝐏𝐀𝐌𝐄𝐍𝐓𝐎 𝐃𝐈𝐗𝐈𝐓𝐀𝐋

💻🖱 𝐂𝐀𝐌𝐏𝐀𝐌𝐄𝐍𝐓𝐎 𝐃𝐈𝐗𝐈𝐓𝐀𝐋 𝐃𝐎 𝟐𝟐 𝐃𝐄 𝐗𝐔𝐋𝐋𝐎 𝐀𝐎 𝟐 𝐃𝐄 𝐀𝐆𝐎𝐒𝐓𝐎

Campamento Dixital é un programa de actividades gratuítas para nenos 👦 e nenas 👧 de idades 𝐞𝐧𝐭𝐫𝐞 𝟗 𝐞 𝟏𝟑 𝐚𝐧𝐨𝐬 para formarse en competencias dixitais.💽

Serán 30 horas de formación gratuíta 👩‍🏫, do 🗓 𝟐𝟐 𝐝𝐞 𝐱𝐮𝐥𝐥𝐨 𝐚𝐨 𝟐 𝐝𝐞 𝐚𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨, de 𝐥𝐮𝐧𝐬 𝐚 𝐯𝐞𝐧𝐫𝐞𝐬 en horario de ⏰ 𝟏𝟎.𝟑𝟎 𝐚 𝟏𝟑.𝟑𝟎𝐡 no 📍 𝐓𝐞𝐥𝐞𝐜𝐞𝐧𝐭𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 e tamén terán actividades complementarias online guiadas. 🖥

A aprendizaxe está plantexada como un xogo 🕹 a través dunha aventura interactiva, na que deberán completar etapas e cumplir misións para conseguir logros.🏅

📝Anótate ata o 𝟓 𝐝𝐞 𝐱𝐮𝐥𝐥𝐨. ⚠️ 𝐏𝐑𝐀𝐙𝐀𝐒 𝐋𝐈𝐌𝐈𝐓𝐀𝐃𝐀𝐒!! (Terán prioridade os nenos e nenas empadroados/as no Concello de Begonte).

Campamento Dixital, no que colabora o 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞, é unha iniciativa impulsada pola Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Xuventude e Infancia e o Alto Comisionado contra a Pobreza Infantil, financiado por Fondos Next Generation da Unión Europea.